Grazas a colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e Paco Poch distribución é posible a programación do filme «Ma'a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self-Portrait) co obxectivo de recadar fondos para a campaña de refuxiados (Siria) que desenvolven as organizacións ACNUR e MSF. A cota de acceso para todos os cineclubes que participan nesta proxección solidaria é de 6 euros, e destínase íntegramente e a partes iguais, entre ditas organizacións.
Se non podes asistir a nosa proxección, no seguinte enderezo www.ir.gl/proxeccionSolidaria tedes máis información dos cineclubes participantes; tamén tes a posibilidade de facer unha doazón á fila 0.
Será na Biblioteca Pública o 10 de maio de 2016…
